Casa Carro: la rehabilitación de una vivienda rústica
Escaleira e varanda de vidro
O proxecto trata de acondicionar o interior da edificación para rehabilitar o uso de vivenda. Para iso foi necesario aproveitar o espazo ao máximo, debido ás súas pequenas dimensións.
Na planta baixa distribúese a zona de día, cunha cociña e un salón, e no primeiro andar a de noite, cunha habitación e un cuarto e un baño. Ámbalas dúas plantas están unidas cunhas escaleiras iluminadas polo lucernario. A luz convértese na protagonista do espazo interior.
Vista desde o salón
Vista frontal
Vestidor do dormitorio e escaleira despregable
O espazo de almacenaxe colócase embaixo das escaleiras en un rocho baixo cuberta.
Vestidor de estilo industrial
Intentáronse aproveitar todos os acabados cos que contaba xa a edificación. É por iso polo que aparecen acabados de ladrillo cerámico e pedra nos paramentos.
Dormitorio
Vista do cuarto de baño
Lucernario sobre a escaleira
As características máis salientables do proxecto son as súas pequenas dimensións e lograr levar luz ao interior.
Publicación en prensa escrita
O día 18 de agosto de 2018, unha reseña da vivenda foi publicada no suplemento "YES" de "La Voz de Galicia".