Rehabilitación de vivenda en Muros
Miguel Serrano gómez
Profesional habitissimo | Publicado el 13/02/2013
O proxecto tráta da rehabilitación para dedicar a vivenda, dun edificio que se sitúa no casco histórico da vila de Muros, nunha rúa consolidada pola edificación. O edificio da fronte a rúa, e ten medianeira compartida nos dous lados. Pol parte traseira está algo soterrada dado o desnivel da zona, por a horta do veciño ata unha profundidade de uns 4 m. Deste xeito a vivenda soamente ten alumeado natural pola fachada á rúa, e pola cuberta.
A vivenda desenvolvese en dúas plantas, a de acceso divídese en dúas partes por un muro de cantaría:o acceso a escaleira para o piso de arriba, e un espacio único que ocupa a meirande parte da planta que servía para almacén de apeiros. A planta alta ten máis fondo que a planta baixa pola dificultade que tiña a escavación na rocha na planta baixa.
A intervención atopase coa dificultada da iluminación, xa que solo ten contacto co exterior pola fachada á rúa. Esta obtense dende a cuberta, cunha ventá na mesma para cada espacio habitable na planta alta, e una pensada para iluminar a cociña da planta baixa, resolvendo parte do forxado de división coa planta de arriba cun vidro estadip translúcido.
Mantense os muros de pedra existente: todo o envolvente do volume e o muro interior da planta baixa, que serven de estructura vertical do edificio. A estructura horizontal resolvese con madeira laminada tanto para a cuberta como para o forxado, quedando vista.
A tabiquería é en seco con pranchas de cartón-xeso igual que o trasdosado dos muros medianeiros.