En este artículo
Nas seguintes fotos a reforma estaba en proceso, pero os resultados xa eran visibles.
Ao tratarse do último andar do edificio, quitamos o falso teito e gañamos unha altura para facer unha bufarda.
Tratáse dunha vivenda antiga no Casco Vello de Compostela, que a través dun lavado de cara sinxelo e ben programado, se converte nun piso totalmente diferente. A luz e o aproveitamento do espazo son as claves.
Unha das claves do proxecto foi como obter luz respetando a tipoloxía dun edificio na zona histórica.
Transformouse unha vivenda escura, con teitos baixos e pouco funcional nunha adaptada ás necesidades dos novos propietarios, onde amais dos requisitos funcionais, se buscaba dotar á vivenda de máis amplitude, rompendo os falsos teitos e aproveitando o espazo superior.
É así como cunha actuación sinxela e concreta se conseguiu pasar dun salón hermético e reducido a un amplo e luminoso.
O aproveitamento dos recursos existentes, tales como a baldosa hidráulica e mailo parqué, constitúen os elementos máis distintivos en canto aos acabados.