A escola infantil constitúe un único edificio que alberga todas as dependencias.
O edificio esta resolto nunha única planta e confórmase en torno a un espazo central polivalente. A este espazo abren o resto dos locais da escola.
Este espazo é o que xera o volume de maior altura. Despois e pegado a este atópase a cruxia das aulas, con catro aulas a un mesmo nivel e outra, a de bebes, cun pequeno recuado e colocada de tope do espazo central, polo seu diferente uso. O outro volume fórmao a cruxía de servizo, onde se atopan os demais usos: administración e profesorado, cociña-comedor, e as instalacións do edificio.
O acceso prodúcese a través dun vestíbulo totalmente acristalado que penetra directamente no espazo central. Dende este vestíbulo accédese ao espazo central e por unha porta secundaria á cruxía de servizos e ao cuarto de aparcas as cadeiras.
Dende este espazo accédese a cada unha das aulas coa que existe unha comunicación física de acceso e outra visual a través dunha gran ventá, e directamente á cruxía de servizos e ao comedor. Este espazo ten unha saída posterior ao futuro patio traseiro.
O espazo central esta iluminado a través dos dous accesos acritalados e dunha liña de ventás sobre a cruxía de aulas orientada ao sur e protexida con lamas de madeira.
As aulas son espazos pareados, e unidos polos aseos dos nenos que dan servizo a dúas aulas cada un. Teñen saída directa ao patio a través dun gran ventanal orientado ao sur e protexido por un voo.
A zona de servizo distribúese a través dun corredor que corre paralelo ao espazo central comunicado visualmente con este a través dunha cristaleira corrida. A este corredor dan todas as dependencias de servizo. Como tope deste corredor esta o conxunto cociña-comedor que ocupa todo o ancho. Existe unha entrada de servizo ao edificio. A través desta á, que conecta co corredor que a distribúe.
- Año de finalización:
- 1999
- Superficie:
- 830 m2
- Presupuesto:
- 462.000 €
- Etiquetas descriptivas:
- construcción, construcción casas, construir edificio
Deja tu comentario
Deja tu comentario