En este artículo
Cando Mar mercou o seu novo piso, este estaba demasiado compartimentado e os espazos da cociña e o salón eran incómodos. Ademais, a vivienda necesitaba dun traballo de actualización para resultar acorde á vida de Mar.
Os obxectivos da reforma foron conseguir que toda a vivenda seguise unha mesma liña estética, ademais de potenciar a luminosidade do piso e facelo máis diáfano. Tamén aproveitar varios espazos baleiros e lograr un pequeno cuarto multiusos, que puidese ser zona de estudio ou habitación de invitados.
Previamente, a vivenda estaba moi compartimentada, cun corredor longo e estreito, o que impedía aproveitar a luz natural.
Unha das decisións máis importantes da reforma foi a da distribución aberta e a de colocar un separador de lamas de madeira. Este convertiuse nun dos elementos esencias do piso, que lle aporta personalidade e carácter, ao mesmo tempo que delimita as zonas de uso sen impedir a continuidade dos espazos.